O campus acolle un seminario sobre a teoría de xogos
Por Redacción
Empregada fundamentalmente no ámbito da economía e a investigación operativa, a teoría de xogos é unha teoría matemática dirixida a promover a optimización en procesos nos que interveñen axentes e criterios diversos, pode ser tamén unha ferramenta cun “potencial enorme en áreas como as ciencias políticas, a xestión pública e a bioloxía”, como sinala o profesor de CCSS e da Comunicación, Juan Vidal.
Co propósito de dar a coñecer esta teoría como ferramenta de utilidade en diversos ámbitos e empresariais, a Sociedade Española de Estatística e Investigación Operativa (SIEO) promove en Pontevedra a terceira edición dun seminario que, nas xornadas de venres e sábado, reúne na Casa das Campás a estudantes de doutoramento de diferentes universidades, nacionalidades e áreas.
Trátase dunha teoría aplicable enmoitos ámbitos, como por exemplo nas poxas, que son moi importantes para xestionar os mercados, ou para a análise de estruturas de votación.