Empeza a tempada de cogomelos e a Asociación Micolóxica "Brincabois" programa actividades
Por Redacción
Empeza a tempada de cogomelos e a Asociación Micolóxica "Brincabois" programa unha serie de actividades divulgativas.
Para o concurso de debuxo escolar está aberto o prazo de presentación de propostas ata o venres 3 de novembro. Os debuxos gañadores serán expostos durante a semana das conferencias no Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra.
MES DE NOVEMBRO
- Todos os martes ou mércores deste mes haberá actividades micolóxicas nos colexios de Campañó, Lérez, Ponte Sampaio, Santo André de Xeve e Verducido promovidos pola Concellalía de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra
- Días 6 ao 10, 20,30 horas. Conferencias. Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra. Conferenciantes a determinar.
- Día 10, 20,00 horas. Entrega de premios do Concurso de Debuxo Escolar.
- Día 11, 10,00 a 13,30 horas. Paseo Micolóxico. Lugar: Parque Deportivo do Casino Mercantil e Industrial (Cons, Mourente, Pontevedra).
- Día 12, 11,00 a 19,00 horas. Exposición de cogomelos silvestres nos xardíns exteriores das Ruínas de San Domingos (Pontevedra). Esta exposición celebraráse se as condicións climáticas procuran suficiente variedade de especies.
- Xornadas Micolóxicas da Comunidade de Montes de Lourizán. Datas a determinar.
- Luns Micolóxicos
- Do 2 de outubro ao 18 de decembro ambos inclusive, de 20 a 22,00 horas. Lugar Bodegón Arca (rúa Alvarez Limeses nº 9).
- Martes Micolóxicos
- Do 3 de outubro ao 19 de decembro, ambos inclusive, de 20 a 21 horas. Lugar Centro Social do Gorgullón (Rúa da Curtidoira).
- Xoves Micolóxicos
- Do día 5 de outubro ao 21 de decembro, ambos inclusive, de 20 a 22 horas. Lugar: Bar Ventín (Avenida de Lugo, Mourente).