O porto deportivo de Sanxenxo acolle a visita dunha delegación das Azores
Por Oskar Viéitez
Este xoves visitou o concello de Sanxenxo unha delegación da Asemblea Lexislativa de Illas Azores, con Ana Luisa Pereira Luís como presidenta á cabeza.
Xunto ao alcalde, Telmo Martín, actuaron como anfitrións desta visita, Miguel Angel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia e Rosa Quintana, conselleira do Mar.
O alcalde entregoulle á presidenta da Asemblea unha figura da Madama de Silgar e Ana Luisa Pereira correspondeulle cunha medalla, como obxectos representativos de cada un dos lugares.
A continuación, foron coñecer o porto deportivo, e as instalacións de Nauta Sanxenxo, a Praza do Mar e a visita terminou cunha comida na zona.