Cansos dos actos vandálicos no parque infantil do centro urbano
Por Redacción
O goberno local de Ponte Caldelas está canso dos reiterados danos que sofre o remodelado parque infantil do centro urbano, inaugurado o pasado mes de novembro.
Por ese motivo, ademais de comunicar a situación a Policía Local e Garda Civil, solicita a colaboración cidadá para dar cos responsables.
A pinga que colmou o vaso foi a rotura dun pequeno trampolín, que se suma ás reparacións que tiveron que acometer ao longo dos últimos meses.
Así o Concello empregou preto de 5.000 euros en reparar en cinco ocasiones unha tirolina ou en repoñer varios apoios do xogo de escalada.
"Molesta ver a mala educación dalgunhas persoas que xa non teñen idade e dedícanse a facer falcatruadas, especialmente, durante a noite", sinalou o alcalde Andrés Díaz respecto diso.