Recádanse case 3 millóns de euros nas inspeccións do IBI contra a fraude fiscal
Por Redacción
A Xunta de Goberno Local aprobou este luns a contratación dunha nova asistencia técnica para inspeccionar e actualizar o padrón do Imposto de Bens Inmobles (IBI) durante o próximos catro anos cun importe de 242.000 euros.
A portavoz do goberno local, Carme da Silva sinalou que o labor que leva realizando desde 2012 permitiu incrementar o padrón municipal en 1.849 altas, propiedades que non estaban a pagar adecuadamente a cantidade que lles correspondía.
Detectáronse tamén 1.490 rehabilitacións, vivendas que estaban rexistradas como ruínas e atopábanse rehabilitadas polo que tiñan que pagar o IB.
Desta forma, segundo a concelleira, incrementouse a recadación en 851.445 euros e cobráronse atrasos por valor de 2,1 millón de euros. Carme da Silva indicou que o goberno local quere evitar a subida de impostos pero si loitar contra a fraude fiscal para que "todo o mundo pague o que lle corresponde".