Ana Pontón celebra os dous anos de mandato do BNG en Barro
Por Redacción
O BNG de Barro celebrou na noite deste sábado unha cea aberta aos veciños deste concello con motivo dos dous anos de chegada de Xosé Manuel Abraldes á alcaldía do goberno municipal. 300 persoas asistiron ao evento no que participou a portavoz nacional da formación política, Ana Pontón.
A máxima responsable do BNG sinalou que os gobernos municipais da formación nacionalista son os que marcan a diferenza en Galicia e engadiu que o BNG sabe mellorar a vida das persoas e transformar os lugares.
Pola súa banda, Xosé Manuel Abraldes sinalou que en dous anos cambiáronse as dinámicas sociais de Barro, facendo unha aposta pola calidade de vida da xente e implicar a todos os colectivos sociais a través dunha política de participación e transparencia.
Á cea asistiron concelleiros nacionalistas do Concello de Pontevedra como Anxos Riveiro, Luís Bará e Demetrio Gómez.