A Policía Local rescata un bebé que quedou encerrado por accidente nun coche coas chaves dentro
Por Redacción
Unha patrulla da Policía Local de Pontevedra rescatou este venres un bebé que quedou encerrado por accidente nun coche coas chaves dentro.
O suceso ocorreu sobre as 12.45 horas deste venres na rúa San Antoniño. O bebé estaba coa súa nai e, nun momento dado, sen saber como, as chaves quedaron dentro e a muller fóra sen poder entrar nin abrir ningunha porta ou xanela para sacar ao seu bebé.
A muller pediu axuda á Policía Local e en cuestión de minutos chegou ao lugar unha patrulla. Os axentes seguiron o protocolo establecido para casos como este, que é romper unha dos portelos dianteiros do coche, o máis pequeno e o máis afastado do lugar no que está a cadeira do bebé.
Testemuñas presenciais relataron que, utilizando unha cinta que pediron prestada nunha zapatería próxima, cubriron toda a contorna e utilizaron unha ferramenta específica que levan no coche para romper o cristal.
Pouco tempo despois, a nai asustada logrou sacar ao seu bebé e, de forma inmediata, darlle o biberón.