Un axente da Garda Civil, ferido nun accidente na Illa de Arousa
Por Redacción
Un axente da Garda Civil resultaba ferido durante a tarde deste xoves nun choque que se producía ao redor das 16.30 horas. Un turismo impactaba contra o vehículo do axente que no momento do sinistro atopábase fóra de servizo.
O accidente sucedía na rotonda de acceso á Illa de Arousa na PO-299 e efectivos sanitarios trasladaban o Garda Civil a un centro hospitalario da contorna. Un particular alertaba aos servizos de Emerxencia do 112, que avisaban a Urxencias Médicas, aos Bombeiros do Salnés e á Garda Civil de Tráfico.
ACCIDENTE EN MEIS
Tamén esta tarde, ás 16.50 horas, un condutora resultaba ferida cando circulaba pola estrada que conecta Pontenova con Cambados, preto de O Mosteiro. A muller conducía un vehículo dos que non precisan carné para son circulación.
Desde o servizo de Emerxencias alertábase a Urxencias Médicas, aos Bombeiros do Salnés, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.