Comeza a Semana Santa 2013: consulta a programación completa
Por Redacción
Ata un millar de cofrades participarán este ano nas procesións da Semana Santa pontevedresa. As sete agrupacións penitenciais apuran os preparativos para uns festexos que arrincarán oficialmente o próximo domingo 23 de marzo coa tradicional Bendición de Ramos. Comenzará entón unha semana chea de procesións e actos relixiosos. Estes son os principais eventos da Semana Santa 2013:
Domingo 23
Bendición xeral de Palmas e Ramos, ás 12.30 horas desde o adrio de San Francisco. Seguidamente organizarase a procesión da 'Borriquita' coa imaxe de Xesús entrando en Xerusalén.
Percorrido: Escalinatas de San Francisco, Praza da Peregrina, paseo de Antonio Odriozola, Soportais, Manuel Quiroga, Alhóndiga, Don Filiberto e Avenida de Santa María. Ao finalizar, haberá unha misa na Basílica da Peregrina.
Martes 26
Procesión de Jesús Nazareno y María Santísima de la Esperanza. Sae da igrexa de San Bartolomé ao finalizar a misa das 20.00 horas. A cargo da Cofradía de Nuestro Padre Jesús del Silencio, con acompañamento da Cofradía de Nuestra Madre del Mayor Dolor.
Percorrido: Sarmiento, Real, Praza de Curros Enríquez, Soportais, Praza da Ferrería, paseo de Antonio Odriozola, Pasantería, Sarmiento e San Bartolomé.
Mércores 27
Procesión de la Santísima Virgen de la Soledad y Jesús Nazareno con la cruz a cuestas. Sae da Basílica de Santa María ao finalizar a misa das 20.00 horas. A cargo da Cofradía de Nuestra Madre del Mayor Dolor e representacións doutras confrarías.
Percorrido: Amargura, Isabel II, Real, Praza de Curros Enríquez, Manuel Quiroga, Don Filiberto, Alhóndiga y Avenida de Santa María.
Xoves 28 (Xoves Santo)
Procesión de los Pasos. Sae da Basílica de Santa María ás 20.00 horas.
Imaxes e confrarías:
- Cruz Parroquial.
- Paso de la Cena: Cofradía de Nuestra Madre del Mayor Dolor
- Paso de la oración en el huerto: Cofradía de Nuestra Señora del Amor Hermoso.
- Jesús Cautivo y paso de la flagelación: Cofradía de Nuestro Padre Jesús del Silencio.
- Paso de Jesús atado a la columna: Cofradía do Corpo Santo.
- Paso del Ecce Homo: Cofradía del Espíritu Santo.
- Paso de la Cruz a Cuestas: Cofradía de Nuestro Padre Jesús con la Cruz a Cuestas.
- Paso del Santísimo Cristo de la Expiración y Virgen de la Soledad: Cofradía de la Veracruz y Misericordia.
Percorrido: Avenida de Santa María, Praza de España, Michelena, Paseo de Antonio Odriozola, Pasantería, Sarmiento, Real, Praza de Curros Enríquez, Manuel Quiroga, Don Filiberto, Alhóndiga e Avenida de Santa María.
Venres 29 (Venres Santo)
Procesión del 'Encuentro' con Viacrucis Penitencial. Ás 09.00 horas a imaxe de Cristo con la Cruz a Cuestas, acompañada por homes, sairá da Basílica de Santa María; a da Virxe, con acompañamento de mulleres, farao de San Bartolomé. O encontro producirase na Praza do Teucro. No caso de suspensión, celebrarase na Basílica de Santa María.
Procesión general del Santo Entierro. Sae da Basílica de Santa María ás 20.00 horas.
Imaxes e confrarías:
- Cruz parroquial
- Nuestra Señora del Amor Hermoso: Cofradía de Nuestra Señora del Amor Hermoso.
- Calvario
- Cristo Crucificado: Cofradía do Corpo Santo.
- Virgen del Mayor Dolor: Cofradía de Nuestra Madre del Mayor Dolor.
- Nuestra Señora de las Angustias: Cofradía de Nuestro Padre Jesús del Silencio.
- Cristo Yacente: Cofradía de Nuestro Padre Jesús con la Cruz a Cuestas.
- Virgen de la Misericordia: Cofradía de la Veracruz y Misericordia.
- Santa Cruz: Cofradía del Espíritu Santo.
- Lignum Crucis
- Clero y autoridades
Percorrido: Avenida de Santa María, Praza de España, Riestra, Oliva, García Camba, Peregrina, Soportais, Manuel Quiroga, Don Filiberto, Alhóndiga e Avenida de Santa María.
Domingo 31
Procesión del Encuentro de la Sagrada Resurrección de Nuestro Señor Jesucristo. A cargo da Cofradía de Nuestra Señora del Amor Hermoso, a Cofradía do Corpo Santo e representacións das demais confrarías. Sae, simultáneamente, da parroquia de San José e da Basílica de Santa María, ao finalizar a misa das 19.00 horas.
A imaxe de Nuestra Señora del Amor Hermoso, acompañada pola súa cofradía, irá polo seguinte percorrido: Praza da Constitución, Praza de Galicia, Andrés Muruáis e Peregrina; mentres que a imaxe da Sagrada Resurrección, acompañada pola Cofradía do Corpo Santo, irá por Avenida de Santa María, Praza de España e Michelena. Ambas encontraranse na Praza da Peregrina.
Ao seu remate, ambas procesións unidas retiraranse ata a parroquia de San José polo seguinte percorrido: Michelena, Gutiérrez Mellado, Riestra, Praza de San José, Augusto González Besada, Praza de Galicia e Praza da Constitución.