Aprendendo a socorrer na ría de Pontevedra
Por Redacción
16 estudantes participan nun curso de socorrismo que organiza o Concello de Bueu e este xoves levaron a cabo una das probas prácticas máis importantes desta actividade, un simulacro de rescate de accidentados na ría.
As probas levaron a cabo na praia da Banda do Río e os participantes tiveron que practicar diversos tipos de rescate, baseándose nas múltiples situacións que se poden dar nas augas da ría pontevedresa.
O curso concluirá a finais deste mes de maio e consiste nunha formación teórica que se desenvolve na Escola Náutico Pesqueira de Bueu e cunha formación práctica que levará a cabo na Escola Naval Militar de Marín.
A formación realízase a través dunha subvención concedida polo Grupo de Acción local da Ría de Pontevedra (GALP), en colaboración co Concello de Marín, e busca o desenvolvemento dun plan intermunicipal de emprego e formación no sector marítimo. A axuda económica do GALP ascende a 31.429 euros co obxectivo de formar a aquelas persoas interesadas en dedicarse ao socorrismo nas praias durante o período estival.