O conselleiro de Sanidade quere unha atención primaria máis cercana ao paciente
Por Redacción
O conselleiro de Sanidade participaba este venres en clausúraa do V Congreso Nacional Semergen de Pacientes Crónicos que se celebraba no Pazo da Cultura e enviaba a mensaxe de fomentar unha atención primaria máis próxima á cidadanía, que sexa máis proactiva, capaz de resolver, como demostraron ata a data.
Jesús Vázquez Almuíña indicaba que hai que lograr que se realice un seguimento activo dos pacientes para evitar os agravamentos que se producen nos pacientes crónicos e máis fráxiles.
O conselleiro lembraba que a cronicidade supoñía un dos desafíos máis importantes para os sistemas sanitarios en España e en Europa. O titular de Sanidade entende que Galicia conta cunhas particularidades específicas debido ao envellecemento da poboación provocando que a porcentaxe de persoas que superan os 65 anos achéguense ao 25%, un dos maiores de Europa.
Tamén a dispersión xeográfica supón graves dificultades para a prestación de servizos de atención sanitaria. Vázquez Almuíña destacou que a resposta aos pacientes xa non ten que ser só sanitaria, senón tamén socio-sanitaria.
Neste sentido cre que desde atención primaria debe liderarse este cambio de modelo con mellor coordinación cos recursos sociais da área de influencia de cada centro de saúde, afirmou.