Na busca de "bigotes brancos" para case 300 nenos de Pontevedra
Por Alejandro Espiño
A Fundación Amigos de Galicia organizou unha recollida masiva de leite que será destinada a preto de 300 nenos do concello de Pontevedra, todos eles pertencentes a familias con escasos recursos económicos. Trátase da campaña solidaria Bigotes brancos.
A carpa estará instalada na praza José Martí, na entrada do Hiper Froiz, este sábado 29 de abril en horario de 10:00 a 14:00 horas.
Todo o leite conseguido irá destinada aos pequenos pontevedreses cuxas familias reciben axuda da entidade. Desde que comezou o ano atenden na cidade do Lérez unha media de 277 nenos ao mes, en colaboración cos servizos sociais do Concello.
A pesar de que o leite é un produto que xa está a ser cuberto, desde a entidade preténdese incrementar o próximo mes a cantidade achegada, dada a importancia do calcio no período de crecemento dos pequenos.
Durante a recollida, a entidade tamén achegará información aos viandantes sobre o labor que exerce a fundación na cidade de Pontevedra e está a preparar sorpresas para aqueles que se acheguen a doar.
O obxectivo marcado son 500 litros, polo que desde a fundación animan a toda a cidadanía a colaborar na campaña.
Relacionadas:
-
A Fundación Amigos de Galicia inicia unha campaña de recollida de libros educativos para menores de 12 anos
Por Redacción |
-
A recollida de tapóns permite que Nahir conte con seis meses de terapia para a súa parálise cerebral
Por Anxo Lourido |
-
A solidariedade da Fundación Amigos de Galicia con Pontevedra, en cifras
Por Redacción |