Unha persoa resulta ferida nun accidente entre dous turismos e un camión
Por Redacción
Unha persoa sufría feridas de diversa consideración nunha colisión entre dous turismos e un camión, que se rexistraba na tarde deste martes no municipio de Vilanova de Arousa.
O sinistro producíase no lugar de San Simón, na parroquia de Baión, segundo a información facilitada polo Servizo de Emerxencias do 112 Galicia.
Unha persoa particular contactaba co 112 Galicia minutos antes das 17.00 horas para solicitar axuda ante o accidente que se rexistrou nesta parroquia.
A central de emerxencias do 112 alertaba a Urxencias Médicas e aos Bombeiros de Vilagarcía. Ademais trasladábase información a Protección Civil de Vilanova e á Garda Civil de Tráfico.