Chamamento para romper barreiras no Día Mundial de concienciación sobre o Autismo
Por Redacción
Este domingo 2 de abril celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. Con motivo desta data, a Confederación Autismo España lanzou a campaña que leva por lema 'Rompamos xuntos barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade accesible', na que se busca unha maior solidariedade coas persoas que sofren este trastorno para eliminar os obstáculos aos que se enfrontan para poder gozar dos seus dereitos fundamentais.
En España están cifradas ao redor de medio millón de persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA). O 80% das persoas diagnosticadas atópanse sen emprego e máis do 46% dos escolares que teñen TEA sofren acoso nos seus centros de estudo.
Por este motivo, faise un chamamento simbólico para que os cidadáns compartan as súas fotos ou vídeos rompendo o cartel que inclúe o lema da campaña e despois o suban ás redes sociais co hashtag #DiaMundialAutismo. Tamén se pode enviar ao WhasApp do número 628 79 57 94 para a súa difusión.
O cartel pode descargarse neste link: http://diamundialautismo.com/haz-un-gesto/ onde tamén se atopa un cartel modificable en formato PDF no que se pode completar a frase "Para min unha barreira é... "
A Deputación Provincial, a través da presidenta provincial Carmela Silva, sumouse a esta campaña e desde esta institución reclámase aos organismos públicos con competencias na materia que se eliminen as barreiras para este colectivo, a través da súa integración laboral.