Varios cabalos foron atopados soltos na N-550 en Cerponzóns
Por Redacción
Ao redor dunha ducia de cabalos foron atopados soltos na N-550, ao seu paso pola parroquia pontevedresa de Cerponzóns.
Informou o 112 Galicia que esta central recibiu a alerta por parte dun particular ás 11:30 horas deste sábado.
Segundo o seu relato, os animais foron localizados no punto quilométrico 110 da estrada N-550, sentido Coruña.
Enseguida, o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasaba o aviso á Garda Civil de Tráfico e ás agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Barro e de Pontevedra.