Animais fantásticos e onde atopalos no mercado
Por Oskar Viéitez
Percebes, cigalas, centolas, camaróns, polbos... todos eles son animais fantásticos que causan o asombro dos máis pequenos. Así o demostraron este mércores os alumnos do Crespo Rivas que acudiron ao mercado de Pontevedra para atoparse con estas marabillas da natureza.
Por raro que poida parecer os pequenos non estaban familiarizados con eles, de aí os berros e os aplausos ante os movementos de cada un deles.
Toda unha clase práctica que continuou da man dos cociñeiros do El Cafetín, Rubén González e Sergio Orge que guiaron aos nenos na elaboración dunha receita cos produtos frescos da praza.
Como remate os alumnos do Crespo Rivas entoaron unha canción especialmente composta para esta visita coa que agradeceron a todos a dedicación e o agarimo mostrado nesta divertida visita.
Relacionadas:
-
A luz une aos nenos do Crespo Rivas cos de Porto Rico
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Marzo é o mes das mulleres no Ganapán
Por Redacción |
-
Menudo susto levaron os nenos cunha anguía
Por Mónica Patxot |
-
Visitas guiadas e obradoiros no mercado para os pequechos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |