Detidos dous veciños de Vilagarcía por tráfico de drogas nunha operación na que se intervén un quilo de cocaína
Por Oskar Viéitez
Axentes da Garda Civil detiveron dous veciños de Vilagarcía por tráfico de drogas.
A primeira das detencións produciuse este pasado luns sobre as 14,00 horas na peaxe de Caldas de Reis da autoestrada AP-9, onde se neutralizou un Chevrolet cun home de 42 anos, onde se achou escondida unha bolsa negra cun quilo de cocaína.
Pola súa banda, o outro home detido foi interceptado tras darse á fuga nun vehículo ao percibir a presenza policial nas inmediacións da súa vivenda. Na súa casa atopáronse 21 gramos de cocaína e ferramentas para o envasado
Segundo informaron fontes oficiais do Instituto Armado estes dous homes, de 42 e 43 anos, supostamente traficaban con sustancias estupefacientes en diversos puntos da xeografía española. Un deles dedicábase ao transporte e o outro exercía de "cabecilla" coas vendas.
Estas detencións realízanse no marco da operación 'Tridentes', iniciada o pasado mes de setembro cando axentes da comandancia da Coruña tiveron coñecemento da existencia dun grupo activo que operaba desde Vilagarcía para a venda de cocaína e haxix.
Prevese que este mércores pasen a disposición xudicial ante o xulgado de instrución número 2 de Caldas de Reis.