Sorprenden un marroquí e unha chilena furtando gasoil dun camión
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional identificaron a dúas persoas, un home e unha muller, veciños de Pontevedra, de 20 e 33 anos de idade respectivamente, naturais el de Marrocos e ela de Chile, con antecedentes policiais, como presuntos autores dunha falta de furto duns 30 litros de gasoil.
Os feitos sucederon sobre as 00.40 horas da madrugada pasadas, cando unha dotación policial da Comisaría de Pontevedra que realizaba labores de prevención da delincuencia pola Avenida de Lugo, observaron a presenza dun vehículo circulando de xeito sospeitoso pola citada vía. Nun momento dado tomou un desvío que sobe cara a Montecelo deténdose á altura de dous vehículos estacionados na zona, baixándose o copiloto do coche.
Os axentes achegáronse ao lugar e observaron a un individuo agochado no lateral dun camión, manipulando algo no mesmo. Tras dez minutos á beira dereita do camión os axentes observan como introduce no interior do maletero do vehículo o que parecen dous garrafas dispoñéndose a abandonar o lugar.
Os axentes procederon a interceptar o coche cando se dispoñía a marcharse e identificaron aos ocupantes, un home e unha muller. A muller presentaba a cara e as mans manchadas de graxa negra, recoñecendo que acababa de subtraer o gasoil do camión. Tras efectuar unha inspección ocular na zona os axentes observaron o tapón da gasolina desenroscado, fóra de lugar, e un charco de gasoil no chan.
Por todo, iso os axentes confeccionaron o correspondente atestado policial dando conta á autoridade xudicial da presunta falta de furto de gasoil cometida polos dous identificados, que serán citados oportunamente para que comparezan ante o Xulgado de Instrución que corresponda.