Os avogados pontevedreses recollen sinaturas contra a nova lei de taxas xudiciais
Por Redacción
O Colexio Provincial de Avogados de Pontevedra iniciou unha campaña de recollida de sinaturas para solicitar a retirada do proxecto de lei de taxas xudiciais que está a promover o Goberno central.
A recollida de firmas acordouse na reunión da Xunta de Goberno do Colexio Avogados do día 9 de outubro e ten como obxectivo a súa remisión ao Ministerio de Justicia e ao Grupo Parlamentario Popular no Congreso.
O proxecto de lei revisa as taxas xudiciais reguladas na Lei 53/2002, do 30 de decembro, de Medidas Fiscais, Administrativas e da Orde Social e, entre outras medidas, encarecerá as taxas xudiciais entre 60 e 750 euros.
Segun cuestionou recentemente o Consello Xeral da Avogacía, con esta nova lei recorrer unha multa de tráfico de cen euros poderá custar o dobre. Ademais, un dos puntos que máis polémicca suscitou foi establecer taxas para litixios laborais e sociais.