Un xabaril provoca un accidente con dous feridos na autoestrada
Por Redacción
De novo un xabaril foi a causa dun accidente de tráfico.
O animal cruzouse diante dun coche que circulaba pola autoestrada AP-9, ao seu paso pola localidade de Caldas de Reis, concretamente no quilómetro 106, en sentido Pontevedra.
Segundo a información trasladada polo 112 Galicia, o suceso tivo lugar este sábado sobre as 23.00 horas.
Desde a central de emerxencias do 112 informouse a Urxencias Médicas, aos Bombeiros do Salnés e á Garda Civil de Tráfico. Os efectivos de Protección Civil tamén participaron no operativo.
As dúas persoas feridas foron evacuadas polos efectivos sanitarios ao Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez de Pontevedra.