Consegue reter o ladrón que lle roubara a bandoleira en Uxío Novoneyra
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional acudían ao redor das 10.30 horas da mañá deste luns ata o cruzamento entre a rúa Uxío Novoneyra e Virxe do Camiño para tomar declaración aos protagonistas dun incidente que chamaba a atención dos transeúntes.
Un home enfrontábase a outro acusándoo a berros de roubarlle a bandoleira que levaba na súa furgoneta aproveitando que el baixara un momento deixando abertas as portas do vehículo. O acusado negaba o roubo, ao mesmo tempo que tentaba escabullirse e abandonar a zona.
Con todo, a suposta vítima evitou a fuxida agarrándoo cos brazos pola barriga e arrastrándoo ata levalo ata as portas dunhas oficinas situadas na rúa Virxe do Camiño. Alí pediu axuda denunciando que fora vítima do roubo da bandoleira mentres o acusado continuaba negando os feitos.
Unha vez que se solicitou a presenza da Policía Nacional, os axentes constataron que o acusado conta con antecedentes policiais por delitos contra o patrimonio. O incidente foi seguido por numerosas persoas que nese momento circulaba na contorna da rotonda de Eduardo Pondal.