Sanxenxo investirá case 21.000 euros en tentar frear a praga do 'picudo vermello'
Por Redacción
A praga do picudo vermello chegou a Sanxenxo, infectando polo momento dúas palmeiras e converténdose nunha das principais preocupacións da Concellería de Medio Ambiente.
Así o recoñece Coral González-Haba, responsable desta parcela, e que baralla diferentes opcións para tentar salvar dos efectos deste insecto ás 69 palmeiras plantadas nas rúas do municipio.
Tras reunirse con Pedro Mansilla, enxeñeiro xefe da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, comprobaron que dous dos tres exemplares situados na entrada de Sanxenxo, na Avenida de León, estaban infectados polo picudo vermello.
Coa experiencia do ocorrido noutras localidades, na que non foi sinxelo frear os avances desta praga, comezaron a traballar nun plan de actuación.
"Creo además que la Consellería de Medio Ambiente debería también respaldar económicamente a los municipios afectados por esta plaga, que se ven en la obligación de asumir partidas importantes para frenar los efectos de este devastador insecto, cuando no se trata de un problema que afecte exclusivamente a Sanxenxo", sinalou a edil.
Segundo os datos que manexa a Concellería de Medio Ambiente o custo do tratamento a cada palmeira rolda os 300 euros que, multiplicados polos 69 exemplares que ten Sanxenxo, elevaría o gasto aos 20.700 euros.