"Espectacular" experiencia de Turismo Rías Baixas en Fitur
Por Oskar Viéitez
"Espectacular". Así foi a experiencia de Turismo Rías Baixas en Fitur segundo valorou este luns a presidenta da Deputación, Carmela Silva.
Durante a celebración en Madrid da Feira Internacional de Turismo a Deputación foi "unha das institucións que máis sorprendeu e cuxas presentacións tiveron máis asistencia".
Carmela Silva fixo un balance "moi positivo" da participación pontevedresa neste evento que tivo un "gran impacto" en Facebook, YouTube ou Twitter.
A participación nas presentacións, "con máis do dobre de asistentes que ou resto de presentacións organizadas", converteu a Pontevedra "na estrela do caseta de Galicia". Chamaron a atención os vídeos, o caderno de viaxe coa súa realidade aumentada (ver exemplo na foto) e a canción de Teo Cardalda inspirada no Camiño Portugués pola costa.