E que cumpran moitos máis! Policía Nacional e gardamarinas celebran os seus aniversarios
Por Oskar Viéitez
Nun sinxelo acto que incluíu unha entrega de medallas, condecoracións e diplomas a funcionarios en activo e xubilados festexouse este venres na Comisaría de Pontevedra o aniversario da creación da Policía.
Nos discursos lembrouse aquel 13 de xaneiro de 1824 cando se puxo en marcha a Policía Xeral do Reino, xerme do actual servizo público, que integran hoxe máis de 66.000 axentes, o 13% deles mulleres
Igualmente na Escola Naval Militar de Marín celebráronse os 300 anos da Real Compañía de Guardiamarinas nun acto de nomeamento de brigadieres e alumnos distinguidos este ano.
Dentro do tradicional acto de lectura de leis penais, que tivo lugar na Praza Álvaro de Bazán, o comandante director, o capitán de navío José María Núñez Torrente, lembrou que con motivo deste aniversario programáronse numerosas actividades e celebracións que terán lugar ao longo do ano.