Morre un veciño de Campañó nun accidente laboral en Vigo
Por Redacción
O veciño da parroquia pontevedresa de Campañó, J.M.B.F. de 59 anos, faleceu pouco antes das 16:00 horas deste venres tras precipitarse desde unha altura duns cinco metros mentras traballaba en Vigo na obra situada en Castrelos con avenida Arquitecto Palacios.
Urxencias Médicas mobilizou unha ambulancia medicalizada, pero non puideron facer nada para salvarlle a vida.
Ao lugar dos feitos tamén acudiron Policía Nacional e a Policía Local de Vigo.
O responsable comarcal de CIG-Construcción, Xaquín Agulla pediu á Inspección de Traballo e a Fiscalía que actúe ante a "macabra coincidencia" que se da nesta obra na que o pasado mes de abril perdeu a vida outro traballador tras ser alcanzado por unha estrutura metálica.
Fontes policiais sinalan que podería tratarse dunha morte natural, probablemente un paro cardíaco.