O BNG achaca ao "autobombo" de Cubela a "situación de abandono" dos espazos públicos de Cotobade
Por Oskar Viéitez
O BNG denuncia o estado de abandono que presentan varios espacios públicos recreativos de Cotobade así como o estado de deterioro que presenta o seu mobiliario urbán. O Bloque di ter recollido o "malestar dos veciños" en diversos encontros organizados polo grupo local nacionalista ao longo destes días de Nadal.
O BNG sinala ás "políticas de autobombo persoal" do alcalde Jorge Cubela como causa do seu "perceptible afastamento da administración local" en temas como a limpeza e mantemento dos espazos de uso público que, aseguran, "está a causar un grave prexuízo para os locais hosteleiros que se adican á satisfación gastronómica de moitos dos visitantes que recibimos".
Citan os casos da carballeira da Xesteira con "mobiliario oculto baixo a maleza, mesas destrozadas", o entorno das piscinas da Xesteira que "ademáis de estar intransitable pola maleza presenta unha enorme perigosidade ao non conservar os elementos técnicos que rodean o río e as piscinas fluviais, sen reposición das cubertas de madeira que foron levadas polas riadas de hai uns anos na súa ponte peonil", a fonte e lavadoiro de Cabanelas-Viascón, que está "moi sucia no medio dunha praza histórica", a área recreativa de Cardoso-Tenorio cun "uso imposible debido a que a maleza traga literalmente o mobiliario", ademáis de outras fontes públicas e lavadoiros sen mantemento ubicados en Carballedo e Loureiro.
"Sabemos que para o goberno do PP éste é un tema menor en tanto en canto só parecen preocupados das súas campañas de propaganda persoal e en atopar saídas políticas máis rentables para os seus", di nun comunicado o voceiro nacionalista, Anxo Santomé.
"Cotobade atópase abandoada, co proxecto político do PP desnortado e a bandazos, e creando unha fonda decadencia da nosa identidade social coma cotobadeses", di o escrito do BNG.
Remata o BNG a súa denuncia engadindo que "entendemos que sería bo que o diñeiro público servise para garantir a convivencia social e non só para pagar as débedas que nos endousou o señor Balseiros".
Relacionadas:
-
Advirten do mal estado das piscinas de Cabanelas en Viascón
Por Redacción | Creada e actualizada