Deteñen un veciño de Sanxenxo por roubar, nunha liorta, un teléfono móbil valorado en 560 euros
Por Redacción
A Garda Civil detivo un veciño de Sanxenxo como suposto autor do roubo dun teléfono móbil que fora sustraido o pasado verán en Sanxenxo no transcurso dunha pelexa entre dous grupos de mozos, na zona de lecer da vila.
Os feitos, segundo o relato da propia vítima, sucederon durante o mes de xullo cando no momento de interceder nunha liorta que se estaba producindo entre varios mozos que se estaban pelexando arrebatáronlle o bolso dun "tirón". No seu interior gardaba unha pequena cantidade de diñeiro en efectivo, efectos persoais e o teléfono móbil, valorado nunha cantidade de 560 euros.
A partir das investigacións desenvolvidas polos efectivos do Posto Principal de Sanxenxo, no marco da denominada operación "Galaxy", a Garda Civil puido coñecer a trazabilidade do teléfono móbil que fora subtraído e a identidade do presunto autor, D.C.P., de 30 anos, veciño de Sanxenxo, que levaba consigo o terminal telefónico no momento da detención.
Esta detención é a cuarta dentro da operación realizada pola Garda Civil en relación aos incidentes de orde pública protagonizados por grupos de mozos durante o pasado verán nas zonas e locais de lecer de Sanxenxo.
O detido, ao que se lle acusa da comisión dun presunto de delito de roubo con violencia, deberá comparecer ante o Xulgado de Instrución número 1 de Cambados, cando o solicite o xuíz.
Relacionadas:
-
A Garda Civil detén un mozo implicado nunha pelexa en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Un ferido nunha liorta multitudinaria de madrugada en Sanxenxo
Por Redacción | Creada e actualizada