Marín acende o Nadal o día 2
Por Redacción
Este venres, día 2 de decembro, Marín procederá ó encendido das luces do Nadal. Dende o Concello convídase á veciñanza a asistir as 18:30 horas na Praza do Reloxo ao encendido do alumeado, a disfrutar dunha actuación do Coro Thalassa e a unha pequena chocolatada para compensar o frío da tarde deste mes de decembro.
As luces iluminarán as principais rúas da vila, e puntos específicos do rural, e tamén se decorará o mercado de abastos, o Concello, as farolas da Praza de España, Veiguiña, 8 de Marzo e outros puntos significativos. Tamén se colocará a árbore de Nadal na alameda Rosalía de Castro e a Escola Naval Militar encenderá a decoración da porta Carlos I.
Este ano, o Concello quixo facer un esforzo para que a vila luza máis que nunca, e por iso este xoves tamén deu comenzo a campaña de reparto das alfombras vermellas aos comerciantes que o solicitaron.