Vaipolorío solicita a Adif que acondicione a vía de servizo do trazado do tren
Por Redacción
A asociación Vaipolorío presentou un escrito dirixido a Adif, o organismo encargado da xestión das infraestruturas ferroviarias, para instarlle a que no menor tempo posible proceda a acondicionar de forma adecuada a vía de servizo que discorre paralela ao trazado do tren entre Vilaboa e Pontevedra.
O escrito, asinado polo secretario deste colectivo, explica que os case tres quilómetros desta vía de servizo atópanse en pésimas condicións.
Trátase dun viario que comeza no límite co concello de Vilaboa e termina nas inmediacións da estación de tren de Pontevedra.
Esta vía dá uso a varias vivendas, un muíño de auga e varias leiras de labradío. Actualmente, segundo Vaipolorío, atópase nun estado "lamentable" para o seu uso con fochancas, numerosa maleza e pasos canadenses inutilizados.
Por iso, o colectivo ecoloxista solicita a roza e o bacheo deste viario antes de que chegue o inverno e o mal tempo complique "aínda máis" a situación.