As alfombras florais de Bueu chegan ao Vaticano
Por Redacción
Seis membros da Asociación das Alfombras do Corpus de Bueu participarán este sábado na confección de dúas alfombras florais que se van a realizar no Vaticano na conmemoración de clausura do Ano da Misericordia.
Será a única representación galega na actividade organizada polo Comité Internacional, na que tamén participarán cinco delegacións de España, cinco de Italia e unha de Xapón.
"Para nós é toda unha honra participar nestas iniciativas, e máis sendo os únicos de Galicia", destacou Carmen Santos, presidenta da Asociación.
As alfombras florais colocaranse na Praza de San Pedro e no interior da Basílica, nun traballo que está previsto comezar ao redor das 13:30 horas para concluír ao redor das 20:00 horas.
Esta viaxe é a terceira que realizan este ano os membros da asociación para traballar na confección de alfombras florais, no que supón "un merecido recoñecemento a tanto traballo" e unha "promoción da asociación e de Bueu polo mundo enteiro". sinalou a concelleira de Turismo, Silvia Carballo.