Satisfacción polo "resultado exitoso" das xornadas Cuspedriños 10
Por Redacción
As xornadas turísticas, culturais e históricas "Cuspedriños10", organizadas polo Concello de Cotobade en colaboración coa Axencia Turismo de Galicia, saldáronse cun "resultado exitoso", segundo explicou o alcalde, Jorge Cubela.
En total, as cifras oficiais de asistencia ás cinco actividades programadas foi de 275 persoas, sendo a charla "A Historia de Cotobade" de Xosé Fortes a máis concorrida, con 80 espectadores. Asimesmo, a incidencia mediática da presentación das xornadas e das cinco actividades foi moi importante, xa que se acadaron unha vintena de publicacións en sete medios distintos.
Por outra banda, a audiencia e alcance en redes sociais a través do perfil oficial en Facebook da Feira de Cuspedriños e do Concello de Cotobade, que exerceu de apoio informativo, alcanzou as 20.532 persoas por medios de 56 entradas que xeneraron 201 reaccións por parte dos internautas. A páxina oficial da feira emitíu, entre o 24 de setembro e o 15 de outubro, que foi a duración destas xornadas, un total de 35 posts con 14.413 persoas alcanzadas e 118 reaccións dos usuarios. As cifras restantes correspóndense coas entradas da páxina do concello.
Entre outras cuestións a destacar, cabe sinalar que a presentación do II Premio de Relato Breve Nélida Piñón, que contou coa presenza da prestixiosa escritora brasileira con raíces en Borela, foi a actividade que conseguíu unha maior proxección en toda a comunidade ao tratarse dunha actividade promovida pola Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra.
Ademais, o roteiro do Foxo do Lobo, organizado en colaboración coa Fundación Antonio Fraguas, tamén superou as espectativas plantexadas xa que, aparte dos 50 camiñantes que participaron nesa xornada, acadou sona en toda Galicia. Foron moitos os sendeiristas que acudiron a facelo ou interesarse por el en datas posteriores e preguntaron polo mesmo a moitos hostaleiros de Cotobade atraídos pola natureza do concello, pola maxia do lobo e polo bo estado de conservación desta antiga trampa medieval para cánidos.
Ante estes resultados, o alcalde de Cotobade amosouse "moi satisfeito" desta iniciativa, que se plantexou como un complemento á Feira de Cuspedriños co gallo da súa décima edición para outogarlle un aire "máis divulgativo" á recreación e conmemoración do pasado do municipio e á recuperación da historia local.
Finalmente, considerou que o resultado de participación e repercusión de Cotobade "foi moi importante e permitíu que o concello siga a ser coñecido e recoñecido en toda Galicia pola súa historia, os seus valores naturais e turísticos e os seus atractivos culturais", polo que anunciou a intención de darlle continuidade no futuro a estas xornadas se hai disponibilidade orzamentaria.
Relacionadas:
-
Cerdedo-Cotobade reedita as xornadas turísticas, históricas e culturais Cuspedriños10
Por Redacción |
-
A Feira de Cuspedriños abre a solicitude dos postos
Por Redacción |
-
Unha mañá de paseo ata o Foxo do Lobo
Por Redacción |
-
Convocado o segundo certame de relato breve Nélida Piñón
Por Cristina Saiz & Oskar Viéitez |
-
As xornadas "Cuspedriños10" incluirán charlas históricas e roteiros de sendeirismo
Por Redacción |