O BNG acusa os grupos da oposición de ter un pacto "para facer o xogo político ao PP"
Por Redacción
O último enfrontamento entre o goberno local e os catro partidos da oposición tivo lugar na comisión de Economía e Facenda. Alí, a proposta do Partido Popular, aprobouse cos votos en contra do BNG, a creación dunha unidade de control de gasto.
Na primeira votación sobre este punto, o Partido Socialista abstívose. Con todo, tras o empate, nunha segunda votación, o PSOE votou a favor da proposta popular.
A conclusión que extrae o concelleiro de Economía e portavoz do goberno local, Raimundo González, é que todos lle fan o xogo político ao PP a pesar de que en temas relacionados coas contas públicas "non é un exemplo a seguir". O representante nacionalista apuntou que a petición carece de sustento legal e que non se ofreceron datos sobre quen formará parte desa unidade.
González afirma que existe un pacto entre todos os partidos da oposición coa intención de votar contra o BNG.