Accidente laboral en Barro ao caer un tronco sobre un operario
Por Redacción
Un traballador resultaba ferido durante a tarde deste martes 18 ao caerlle encima o tronco dunha árbore. O operario, segundo a información facilitada polo servizo de Emerxencias do 112, estaba a cargar madeira nun tractor cando se produciron os feitos. Un dos troncos caeu da máquina e acabou arroiándoo.
O accidente rexistrábase no lugar de Vilar, na parroquia de Valiñas. O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 16.00 horas da tarde, a través da alerta de Urxencias Médicas. Os efectivos do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertaron á Garda Civil do accidente, que mobilizou unha patrulla.
Os efectivos sanitarios desprazáronse ata o lugar para asistir ao traballador ferido.