Queres ser modelo? Esdemga ofréceche a oportunidade de desfilar en Debut 2016
Por Redacción
A pasarela na que o alumnado dos Estudos Superiores de Deseño Téxtil e Moda de Galiza (Esdemga) celebra este ano a súa décima edición cunha gala que se desenvolverá o vindeiro 24 de novembro no Pazo da Cultura coa presentación das novas coleccións, que constitúen os proxectos de fin de estudos dos estudantes.
Espérase a presenza de ao redor de 2.000 persoas e desde Esdemga fan un chamamento a todos aqueles mozos que queiran participar como modelos en Debut 2016, o acto central dunha semana dedicada á moda. Está previsto que se necesite a colaboración de ao redor de 60 persoas que exerzan como modelos. Nesta ocasión espéranse numerosas coleccións de muller.
As persoas interesadas deben acudir ao despacho da titulación na Facultade de Belas Artes, onde se lles realizarán unhas fotografías e tomaránselles as medidas. A selección final dependerá das necesidades de cada proxecto. As persoas participantes recibirán un lapiz de memoria cunha selección de fotografías da pasarela.
Segundo relata Eduardo Muñiz no DUVI, a semana completarase con outra serie de actividades como o taller que impartirá o xaponés Shingo Sato, un referente mundial en patronaje creativo, tal e como afirma a directora de Esdemga, Lola Dopico. Sato ofrecerá unha master class aberta a todo o público interesado, ademais dun taller aberto a un máximo de 15 persoas.