A Festa do Marisco ultima a súa recta final de preparativos
Por Redacción
O Concello do Grove está ultimando os preparativos de cara a Festa do Marisco deste ano. (Ver programa completo) Ademais da montaxe das carpas, que quedará rematado previsiblemente o vindeiro sábado, todas as concesións teñen sido resoltas nas pasadas semanas.
Xunto á adxudicación da cafetería, a carpa de artesanía e os postos de venda do marisco, informouse ao Consello Local de Turismo do densenvolvemento dos preparativos. Durante esa reunión destacouse o esforzo realizado este ano para garantir a calidade e trazabilidade do producto, sendo fundamental a colaboración da Confraría de Pescadores San Martiño.
A actividade comezará xa esta fin de semana con distinta probas deportivas e a agardada conferencia do investigador de historia local, Francisco Meis, quen falará dos orixes turísticos da Illa da Toxa dando comezo as actividades que ocuparán durante varios meses a carpa institucional da Praza do Corgo, será o vindeiro domingo ás 12.00 horas.
No relativo ao persoal, dentro da bolsa de emprego específica para a Festa do Marisco téñense presentado 200 solicitudes que se atopan en prazo de subsanación de enmedas. No relativo aos produtos tense retirado a cigala e as zamburiñas ao allo, sendo incorporada unha nova receita de ostra rizada ao albariño. Os prezos públicos de venda do produto foron aprobados na Xunta de Goberno do pasado luns.
Gracias á colaboración de Mahou ampliarase a oferta de produtos aptos para celíacos con cervexa, que estará dispoñible na súa variedade sen gluten durante os días da Festa. A carta da alérxenos quedará rematada esta mesma semana completando así unha oferta de produto coidada e de calidade.
O traballo dos primeiros días da semana próxima centraranse na montaxe da exposición que acollerá a Carpa Institucional, mostra que levará por título "O Grove no camiño de Santiago".
Relacionadas:
-
A Festa do Marisco do Grove volve encherse de público na súa primeira fin de semana
Por Redacción |
-
"Problemas administrativos" impiden ao Concello do Grove contratar persoal para a Festa do Marisco
Por Redacción |
-
Outorgadas as Centolas de Ouro 2016
Por Redacción |
-
A Festa do Marisco celebra esta semana a súa presentación nacional en Cáceres
Por Redacción |
-
O Concello do Grove abre o concurso para a explotación da carpa de artesanía da Festa do Marisco
Por Redacción |
-
O Concello do Grove crea unha bolsa de emprego para contratos temporais
Por Redacción |