Falece un home nun accidente de tractor, en Xeve
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado
Un home de 69 anos, veciño de Xeve, coas iniciais L.F.F., faleceu este luns tras sufrir un accidente co tractor.
Segundo informou a Policía Local de Pontevedra, o sinistro tivo lugar nunha pista no lugar de Fontáns na parroquia de Santa María de Xeve.
O vehículo agrícola envorcou tras precipitarse por un desnivel.
A Central de Coordinación do 061 recibiu o aviso de alerta ás 13:33 horas, enviando ao lugar do suceso a unha ambulancia medicalizada do 061 atendendo ao home no punto sen que se puidese facer nada para salvar a súa vida.
Tamén acudiron os Bombeiros de Pontevedra e a Garda Civil.
Relacionadas:
-
Falece un home de 49 anos ao quedar atrapado baixo o seu tractor en Xeve
Por Redacción & Cristina Saiz | Creada e actualizada