De Newcastle a Marín para mellorar o éxito escolar
Por Redacción
O IES Mestre Landin de Marín acaba de implantar de cara a este curso académico 2016-2017 un novo sistema de comunicación para mellorar as relacións entre as familias e o profesorado importado de Newcastle, no Reino Unido.
O centro insiste en que a chave para o éxito escolar é a comunicación entre as familias e o profesorado, de aí que este xoves e este venres implante este método. É un sistema de citas individuais de 10 minutos de duración entre titores, familias e nenos. Manterán unha entrevista na que cada familia poderá consultar as dúbidas que lle pesenta este novo curso.
Ademais, haberá charlas informativas onde os xefes de departamentos explicarán as materias e as claves para superalas e faranse actividades colaborativas de mellora do centro coas familias, entre elas un 'mural con estilo' do artista Mondrian.
Esta innovadora actividade impórtase dun centro educativo de Newcastle no que un profesor do centro fixo un intercambio formativo.