Un vehículo sae da estrada e remata nas dunas da Lanzada
Por Diego Torrado
Dúas persoas resultaron feridas de levedad ao sufrir un accidente na Lanzada durante a tarde deste domingo 4 de setembro ao redor das 19.45 horas.
O vehículo por causas que se descoñecen saía da vía cando circulaba polo último tramo da Vía do Salnés na desembocadura á rotonda que permite acceder a Sanxenxo ou ao Grove.
O turismo "voou" varios metros ao saír da estrada caendo nas dunas das marismas da praia da Lanzada.
Ao lugar achegouse unha dotación de axentes da Garda Civil de Tráfico.