Centos de veciños asisten á tradicional procesión nocturna das antorchas
Por Redacción
Alfombras que engalanan o percorrido e luces de fachos son dous dos principais protagonistas da tradicional procesión nocturna das festas en honra á Virxe das Dores na parroquia de Santa Mariña dá Insua en Ponte Caldelas.
Centos de persoas participaron neste percorrido, entre os que se atopaban o alcalde Andrés Díaz e o tenente de alcalde Enrique Vidal, veciño da parroquia. O rexedor dirixiuse aos asistentes para agradecer que manteñan esta tradción.
Os veciños portan a imaxe por quendas e percorren tramos moi estreitos dos camiños rurais. Ao longo da marcha obsérvanse máis dunha vintena de tapices, elaborados durante toda a xornada polos colaboradores da comisión organizadora.
A banda da Unión Musical de Tenorio acompañou a procesión que se prolongou ata a medianoite.