As fincas do acceso á depuradora da Reigosa estrean os muros de peche
Por Redacción
Os concelleiros da Xunta de Goberno de Ponte Caldelas, co alcalde Andrés Díaz á cabeza, visitaron este martes as obras dos novos muros de peche perimetrais na estación depuradora do municipio. Os veciños da Reigosa cederan gratuitamente en 2014 parte das súas propiedades para a ampliación da estrada de acceso á planta depuradora de augas residuais.
Segundo o equipo de goberno, catro veciños atopábanse afectados porque o anterior goberno non acometera estas obras despois de ceder os terreos necesarios para dar á estrada o ancho suficiente.
Desde o Concello denuncian que estes veciños tiñan documentos asinados polo anterior alcalde pero sen selo nin con informes nin certificados dos técnicos, polo que carecían de validez legal, segundo Díaz Sobral. A pesar desa "chapuza administrativa" como o cualifica o alcalde, o goberno local decidiu buscar unha solución.
Tamén denuncia que o goberno anterior ocupou outra leira sen tan sequera falar co propietario que xa supuxo un recurso contencioso-administrativo contra o Concello de Ponte Caldelas.