Areas Gordas, Lapa e Pragueira quedan sen bandeira azul
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo renuncia ao izado das bandeiras azuis nas praias de Lapa, Areas Gordas e Pragueira.
Faino ao "non poder cumprir o requisito marcado pola ADEAC de ter socorristas en todas as praias con este distintivo desde o 1 de xullo", segundo confirmou este xoves tras comunicarllo á inspectora da axencia europea.
O organismo que regula as bandeiras azuis descartou ampliar o prazo para que Sanxenxo cumprise este requisito, despois da renuncia de varios socorristas.
A pesar diso desde o goberno local garanten "a presenza de socorristas e vixilancia en todas elas, ademais de en Areas e Caneliñas, que carecen de distintivo". De feito, en Areas Gordas e Pragueira o servizo activarase esta fin de semana e manterase "durante todo o verán".
Está previsto que nos próximos días se incorporen ao persoal de socorristas, actualmente composto por 53 persoas, profesionais que concluíron o curso de formación homologado, o que supoñería un reforzo para o Plan de Salvamento en Praias.
Relacionadas:
-
Gozar dunha praia con Bandeira Azul non é de balde
Por Redacción |
-
As praias de Sanxenxo, a pleno rendemento con 60 socorristas
Por Redacción |
-
Sanxenxo estuda renunciar a algunha bandeira azul ante a falta de socorristas
Por Redacción |
-
Tres décadas de bandeiras azuis
Por Redacción |
-
As praias de Sanxenxo, totalmente operativas desde este venres
Por Redacción |