Tres retos deportivos para axudar os menores con diabete
Por Redacción
"Reta3, móvete pola diabete" é a nova iniciativa da asociación de nenos e nenas con diabete de Galicia (Anedia) para recadar fondos que irán destinados á formación de monitores deportivos e de tempo libre que se dediquen á atención de menores que padecen esta enfermidade.
O mozo de 24 anos, Daniel Fernández Cerzón, natural de Gondomar, sufriu unha experiencia en relación con esta doenza que afectou a un familiar. Por este motivo, sensibilizouse co colectivo de nenos diabéticos e decidiu colaborar con Anedia para obter fondos realizando tres rutas deportivas.
A primeira destas probas será o 16 de xullo. A súa proposta é percorrer en menos de 14 horas o traxecto entre Gondomar e Santiago con volta ao seu concello. Daniel non é profesional do deporte pero espera lograr o reto de percorrer estes 230 quilómetros nese espazo de tempo. O segundo reto será nun circuíto en Val Miñor circulando 24 horas en bicicleta. E o terceiro reto será realizar o percorrido entre Gondomar e Santiago pero sen bicicleta, camiñando ou correndo.
As persoas que queiran colaborar economicamente con esta iniciativa para apoiar aos menores con diabetes poden facelo a través da conta de Anedia: ES56 2100 4080 1122 0012 1884.
NOVA REUNIÓN COA VALEDORA
A directiva de Anedia vai manter unha nova reunión coa Valedora do Pobo á que asistirán os representantes de ASEEII, persoas con enfermidades intestinais que tamén precisan entrar nos cinemas con mochila. A reunión será o vindeiro luns e os integrantes das asociacións expoñerán á empresa a necesidade de que permitan o acceso ás salas co material que precisan estas persoas para que poidan facer fronte a calquera complicación na súa enfermidade.
Tentarán que esta situación que sofren en Pontevedra con dificultades para acceder ás salas cinematográficas resólvanse tanto na provincia como en toda Galicia.
Relacionadas:
-
De Tui a Santiago correndo pola diabete en menos de 22 horas
Por Redacción |
-
A Valedora do Pobo reúnese cos responsables dos cines de Vialia para regular o acceso dos nenos con diabete con mochilas
Por Redacción |
-
A xerencia dos cinemas de Vialia prometeu, pero non cumpre coa Valedora do Pobo
Por Redacción |