A praia de Pragueira aspirará a unha bandeira Q de calidade
Por Redacción
O alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita, recibiu este martes de mans da secretaria de Estado de Turismo, Isabel Borrego, as bandeiras "Q de Calidade" para nove praias de Sanxenxo, seis xestionadas este último ano. O vicepresidente de Nauta, Jesús Sueiro, recolleu tamén o distintivo para o Porto Deportivo Juan Carlos I, de titularidade e xestión municipal.
Gonzalo Pita destacou o importante esforzo investidor que o goberno local de Sanxenxo realiza para conseguir que praias e servizos públicas poidan lucir os máis esixentes distintivos que garantan aos usuarios o máximo nivel de calidade.
O alcalde márcase ademais un novo reto para 2017 e é que a praia de Pragueira se sume ás nove que este verán presumirán de calidade.
"Con nove, crecer máis xa é difícil, pero querémolo intentar e imos a optar a esta bandeira tamén para a praia de Pragueira, un areal moi fermoso e que conta coas características esixibles para presumir tamén de Q".
Montalvo, Caneliñas, A Lapa, Areas Gordas, Major e Baltar súmanse este verán ás tres praias que dispoñían deste distintivo e que son Silgar, Areas e Canelas.