Deteñen ao tironeiro do Gorgullón
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional identificaron e detiveron un home, veciño de Pontevedra, de 27 anos de idade, con antecedentes policiais, como presunto autor dun roubo con violencia, polo método do tirón.
Segundo informaron fontes oficiais da Comisaría Provincial de Pontevedra, os feitos sucederon sobre as 15.30 horas do día 16 de abril, cando unha muller que camiñaba polas inmediacións da zona do Gorgullón, foi abordada por un individuo que camiñaba detrás dela.
Tras propinarlle un forte empuxón e tirala ao chan conseguiu arrebatarlle o bolso despois un forcexo entre ambos, propinándolle patadas á vítima que tivo que ser asistida das súas feridas por unha ambulancia que a trasladou a un centro hospitalario da cidade onde lle diagnosticaron contusións e erosións múltiples.
O individuo co bolso no seu poder saíu fuxindo á carreira e foi recuperado por unha patrulla da Policía Nacional nas marxes do río Gafos.
No bolso a denunciante levaba documentación persoal, 40 euros e un teléfono móbil.
Por mor da denuncia iniciáronse as xestións para tratar de identificar ao presunto autor que culminou coa súa localización o pasado día 27 de abril ás 13.35 horas da mañá na rúa Ernesto Caballero da cidade.
Tras prestar declaración en dependencias policiais o tironero foi posto a disposición da Autoridade Xudicial. Signifícase que este individuo foi detido por feitos similares anteriormente.