Moreira reúne a veciños e comerciantes para analizar os cambios no centro urbano
Por Redacción
Unha trintena de veciños e comerciantes do centro urbano responderon á convocatoria que fixo o Partido Popular para analizar as novas peonalizacións e cambios de tráfico propostos polo goberno municipal no ámbito que forman as rúas Castelao, Cruz Gallástegui, Benito Corbal e Daniel de la Sota.
No encontro, celebrado no Hotel Rías Bajas, o portavoz do PP, Jacobo Moreira, quixo aclarar que está a favor deste tipo de cambios sempre que sexan de forma "motivada e ordenada", pero os propostos en toda esta zona veos "improvisados" e sen estar xustificados en ningún estudo técnico.
Os populares, que parecen aceptar a peonalización de Benito Corbal desde a antiga sede da Xunta -que será rehabilitada proximamente- ata o cruzamento con Sagasta, critican con todo o sentido do tráfico que terá toda esta zona cos cambios previstos.
Entenden que a praza de Barcelos podería quedar colapsada ante o incremento de vehículos que se espera no tramo que non foi pechado ao tráfico, preocupación que comparten algúns dos comerciantes deste ámbito urbano que foron trasladado ao portavoz do PP as circunstancias persoais nas que quedarían os seus comercios.
Neste sentido, Moreira propón que a rúa Cobián Roffignac sexa de entrada á cidade, permitindo un acceso "máis fluído" a Cruz Gallástegui e Castelao, evitando así o "zig-zag previsto polo BNG" que establece como punto obrigado de paso para todo o tráfico a praza de Barcelos,
Relacionadas:
-
Entre San Xoán e San Bieito reformaranse Cruz Gallástegui, Castelao e Daniel de la Sota
Por Oskar Viéitez |
-
Os cambios en Barcelos reducen nun 61% o tráfico en todo este ámbito urbano
Por Redacción |
-
A reordenación do centro urbano comezará por Cruz Gallástegui e Castelao
Por Redacción |
-
O PP consultará con veciños e comerciantes os cambios de tráfico no centro
Por Redacción |