A Escola Infantil de Seixo entrará en funcionamento o vindeiro curso
Por Redacción
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou os traballos de construción da nova escola infantil de Seixo, en Marín, acompañado pola alcaldesa María Ramallo.
O responsable da Xunta indicou que está previsto que o centro abra as súas portas o próximo mes de setembro para poñer a disposición das familias da zona 41 prazas repartidas en tres unidades, que contarán coa atención de dúas profesoras, catro educadoras e un persoal de servizos xerais.
Rey Varela apuntou a que este centro no que se investiron preto de 520.000 euros axudará á conciliación da vida laboral e persoal das familias do municipio. As instalacións contan con aulas, patio exterior cuberto e ao aire libre, zonas de aseo, cambiador e espazo de preparación de alimentos.