Preséntase ante a Garda Civil como condutor dun coche que quedou encaixado nun edificio de Cambados
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Un home presentouse este xoves ante a Garda Civil como o condutor que na madrugada do mércores ao xoves tivo un accidente e encaixouse co seu turismo contra un edificio en Cambados, para posteriormente darse á fuga.
A Garda Civil tiña aberto un operativo de procura desde a madrugada para localizar ao condutor e este home presentouse voluntariamente para recoñecer que era el, pero os investigadores aínda non puideron verificar que iso sexa certo e estase investigando se realmente era a persoa que conducía o coche ou non, segundo puido saber PontevedraViva.
O servizo de Emerxencias de Cambados recibiu unha alerta sobre as cinco da madrugada na que se lles informaba dun accidente na rotonda do supermercado Eroski da zona de Corvillón.
Cando os servizos de emerxencia chegaron ao lugar, o coche estaba encaixado no baixo dun edificio, pero o condutor non estaba nin dentro do vehículo nin na zona, de modo que a Garda Civil de Tráfico puxo en marcha un dispositivo de procura para localizar ao condutor.