Serviocio nega que a situación das piscinas de Campolongo sexa "alarmante" como denuncia o PP
Por Oskar Viéitez
O director das piscinas de Campolongo, José Bamio, negou que a situación das instalacións sexa "alarmante" como denunciou este luns o Partido Popular de Pontevedra.
Os concelleiros populares, César Abal e Tomás Abeigón, aseguraron que esta instalación municipal que xestiona Serviocio en réxime de concesión, sufriu o venres un desprendemento de parte do falso teito no vestíbulo.
Segundo os edís do PP este incidente "pone de manifesto la necesidad de una reforma integral" á que, segundo apuntan, o goberno local "hace oídos sordos" e advertiron que a xunta reitora do Instituto Municipal de Deportes tampouco aclarou quen sería o responsable "si ocurriese una desgracia" nestas instalacións que teñen máis de 2.500 usuarios habituais.
Sobre a caída de varias placas do falso teito, o director das piscinas, puntualizou que este incidente consistiu na rotura dunha das variñas que sosteñen os ferros a consecuencia dun golpe, presumiblemente, producido por un balonazo dun neno, ou unha acción similar. Foi reparado ese mesmo día.
"Que ir a la piscina no se convierta en un deporte de riesgo", dixo Tomás Abeigón.
Desde o PP esixiron unha "actuación urgente" en Campolongo "para que ir a la piscina no se convierta en un deporte de riesgo", dixo Tomás Abeigón.
Pola súa banda o director de Campolongo recoñeceu que "la instalación está mayor, eso es evidente", pero sinalou que "está en servicio todos los días" e que non parou nunca, subyando que "no hemos tenido incidentes graves en ninguna circunstancia".
A concesión está actualmente prorrogada, e o contrato vence o 30 de xuño. O concelleiro César Abal lamentou a falta de avances no concurso para reformar este recinto advertindo que "nos vamos a ver abocados a una nueva prórroga irregular, sería la octava" xa que "a día de hoy no se ha hecho nada".
Entre as numerosas deficiencias que presentan as instalacións, os populares destacaron "el mal funcionamiento de las máquinas por llegar al fin de su vida útil, el pésimo estado de los vasos de las piscinas, la ausencia de un socorrista dedicado de forma permanente y exclusiva a la piscina o problemas de higiene entre otros", sinalou Tomás Abeigón.
Relacionadas:
-
O goberno local márcase prazos para a reforma das piscinas de Campolongo
Por Redacción |
-
O concurso das piscinas de Campolongo non se adxudicará antes de 2017
Por Oskar Viéitez |
-
CCOO denunciará á concesionaria das piscinas de Campolongo ante Traballo e Sanidade
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Aproban a prórroga do contrato das piscinas de Campolongo e iniciar os trámites para o novo
Por Alejandro Espiño |
-
Prometen axilizar o "máximo posible" o novo contrato das piscinas de Campolongo ante as críticas do PP
Por Oskar Viéitez & Alejandro Espiño | Creada e actualizada