Cores Tourís non descarta ser presidente provincial do Partido Popular
Por Anxo Lourido
O delegado da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, pronunciouse este xoves 4 sobre a posibilidade de que se converta no substituto de Rafael Louzán á fronte do Partido Popular provincial.
Cores Tourís non quixo rexeitar esta posibilidade e agradeceu aos alcaldes as declaracións efectuadas durante os últimos días para mostrar o seu apoio como xestor no futuro do PP de Pontevedra. Iso si, restou importancia a eses apoios indicando que se trata das "quinielas clásicas" cando se produce un cambio nun partido político.
O representante da Xunta en Pontevedra indicou que é necesario que os integrantes do partido manteñan reunións, analicen e estuden as diferentes opcións. "Creo que en Pontevedra sempre fomos un equipo", indicou Cores Tourís referíndose ao traballo desenvolvido durante os últimos anos baixo o mandato de Rafael Louzán. "Sexa quen sexa o presidente provincial seremos un equipo, onde participe todo ou mundo. É o labor que temos", engadiu José Manuel Cores Tourís mostrando un afable sorriso ao refererirse ao futuro do partido ao que pertence e que, segundo as distintas propostas dos alcaldes, contaría con outra alternativa representada pola figura do vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.
Relacionadas:
-
Rueda cre que o PP debe ser "inflexible" ante os casos de corrupción
Por Redacción |
-
Alfonso Rueda quere presidir o PP de Pontevedra: "É unha decisión meditada e responsable"
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Louzán non optará á reelección como presidente do PP de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |