Doce enfermos de crohn e colite ulcerosa son os primeiros beneficiarios do programa "Non podo agardar!"
Por Redacción
A Asociación Socio Sanitaria Educativa Inflamatoria Intestinal (ASSEII) remitiu ao Concello unha listaxe de 12 usuarios (dos municipios de Sanxenxo, Poio, Pontevedra, Meaño e Marín) que poderán utilizar a partir de hoxe as zonas de carga e descarga para estacionar os seus vehículos durante un prazo de media hora para poder acudir ao baño.
Os enfermos de Crohn e colite ulcerosa, enfermidades que afectan a un importante número de cidadáns na área sanitaria de Pontevedra, que queiran acollerse ás condicións acordadas no convenio asinado entre o Concello e ASSEII deben tramitar a súa tarxeta a través da propia asociación, xa que é ela quen emite aos enfermos diagnosticados unha tarxeta personalizada, que identifica tanto o vehículo como ao seu conductor, actualizando periodicamente a listaxe dos beneficiarios facilitada ao Concello, co obxetivo de que os axentes da Policía Local teñan constancia de que se trata de un coche adherido ao proxecto “Non podo agardar!”.
A xunta directiva comprométese a levar un rexistro minucioso de todas e cada unha das persoas que soliciten as tarxetas que se expedirán no Concello de Sanxenxo, para garantir un uso correcto polos seus titulares. O mal uso suporá a retirada da mesma.
Do mesmo xeito, todas as instalacións municipais lucen unha pegatina identificativa que informa aos enfermos de que se trata dun edificio colaborador e que poden acceder aos baños.
O Concello de Sanxenxo súmase así ao de Pontevedra e ao de Poio, primeiros nos que esta asociación buscou apoio para que as persoas que padecen esta enfermidade intestinal melloren a súa calidade de vida e se integren na sociedade sen medo a saír das súas casas, pois trátase dunha enfermidade xenética autoinmune que, polo momento, non ten cura.
Relacionadas:
-
Os enfermos intestinais e os diabéticos reclaman poder entrar coa súa mochila nos museos e cines
Por Redacción |
-
Sanxenxo facilitará aparcar en zona de carga e descarga aos enfermos de crohn e colite ulcerosa
Por Redacción |
-
1.390 persoas na área sanitaria de Pontevedra padecen unha enfermidade inflamatoria intestinal
Por Diego Espiño |
-
Nace en Pontevedra unha asociación "plural, abierta y participativa" sobre enfermidades intestinais
Por Alejandro Espiño |